Tenedores de Ouro para establecementos galegos

A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, foi a encargada de clausurar a gala de entrega dos premios ‘Tenedor de Oro’, organizados pola Asociación Gastronómica e Cultural Tenedor de Oro. A secretaria xeral afirmou que se trata dunha “cita ineludible ao tratarse da conmemoración dunha década de premios Tenedor de Oro, uns galardóns que supoñen un selo de garantía e excelencia no servizo para o conxunto da restauración galega”. Carmen Pardo tamén salientou que os case 200 establecementos que recibiron a prestixiosa distinción ao longo destes dez anos “son un apoio imprescindible para o sector da hostelería, piar fundamental da economía galega”.

Os premios foron os seguintes: A “calidade e o trato familiar” recaeu no Mesón O Pino de Narón; a “capacidade e profesionalidade do servizo” foi para a Parrillada San Isidro de Bergondo; a “promoción dos produtos galegos” foi para a vinoteca O Secreto da Coruña; a “innovación” recaeu no restaurante Montero de Vilalba, e a “constancia e traxectoria” foi para o Val de Naseiro, de Viveiro. Por último, o premio especial Xacobeo foi para o Restaurante Asador Los Abetos, de Nigrán.