Seleccionados os oito participantes no Campionato Galego de Cociñeiros Profesionais

Consultados os membros do comité de selección -profesionais das asociacións de restaurantes de maior implantación, Academia Galega de Gastronomía, Clúster Turístico-Alimentario, entre outros- a Organización para os Campionatos de Promoción das Profesións Hostaleiras proclamou os aspirantes admitidos para esta décimo primeira edición bienal do certame, que se celebrará en Ferrol o vindeiro 8 de febreiro, con patrocinio do Concello departamental e a Deputación de A Coruña.

Avaliados os curriculums (formación e experiencia, xunto co proxecto de recetas aportadas, como elementos principais de baremación) os oito seleccionados son:

- José Javier Méndez Álvarez, do restaurante A Torre/A Rexidora, de Vilanova dos Infantes/Betraces (Ourense)

- Paula Freire Buyo, xefe de partida de Casa Pendás, de Narón (A Coruña)

- Daniel López Vázquez, titular de O Camiño Inglés, de Ferrol (A Coruña)

- Iván Méndez Álvarez, cociñeiro do Balneario de Mondariz (Pontevedra)

- Lorena Moldes Otero, procedente de A Tapería, de O Grove (Pontevedra)

- Miguel Rodríguez Pereira, cociñero do Parador de Turismo de Tui (Pontevedra)

- Marco Varela Froiz, chef executivo no Hotel Palacio de Sober (Lugo)

- María Begoña Villanueva Ríos, do restaurante Loureiro, de Bueu (Pontevedra)

O comité estableceu ata dúas suplencias, para o caso de que os primeiros seleccionados incumpriran algúns dos requisitos esixidos: Begoña Vázquez (Verín) e Ángel Martínez (Mondariz).

Presentáronse a esta convocatoria dezanove aspirantes, dos que pasaron a esta selección final dezaseis, "en xeral moi igualados, foi unha escolla á que lle houbo que dar moitas voltas", comentou o director do campionato e do ente organizador, HG&T, Guillermo Campos.

Os concursantes dispoñen ata o 20 de xaneiro para presentar as receitas coas que concursarán, unha a base de rodaballo de Pescafresca e outra de presa de Porco Celta que suministrará Asoporcel. Cada unha das receitas deberá ir acompañada de tres guarnicións.

O vencedor do Campionato Galego será o representante da nosa Comunidade no Campeonato de España de Cocineros 2011 - Jóvenes Restauradores - Bocuse d’Or 2011, que se desenvolverá na próxima edición do Salón Gourmets (Madrid).