Olei en Sargadelos

A única firma produtora de aceite galego virxe extra, Olei, saca ao mercado unha edición limitada do seu produto presentado nunha botella de porcelana de Sargadelos. O envase, de medio litro, contén a primeira prensada do pasado ano, seleccionada a man das oliveiras máis antigas das comarcas de Quiroga e Valdeorras.

O resultado é unha mostra de 150 botellas de aceite “armonioso, equilibrado e elegante, cun sabor intenso e fresco”. A decoración da botella emprega a característica cor azul de Sargadelos, mentres que a ilustración baséase nunha xeometrización da rama da oliveira.