O Xacobeo, un espaldarazo

A comisión de Cultura e Turismo vén de constatar co sector e coa Administración autonómica o “espaldarazo” que o Xacobeo supuxo para o sector. Na última reunión do ano da comisión, o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, quixo compartir as súas impresións cos membros da comisión aportando o balance do ano que remata, as liñas de traballo para o vindeiro ano, así como a valoración dos membros da comisión coas aportacións do sector do que foi o desenvolvemento do Xacobeo 2010.

No vindeiro ano 2011 tomarán moita importancia a Cidade da Cultura e a catedral de Santiago, que celebra o seu 800 aniversario. Neste senso, o popular Ignacio López-Chaves sinalou que o Goberno galego confía no proxecto da Cidade da Cultura, “non como sucedía co bipartito”.