O Xacobeo organizou noventa e cinco congresos

O Xacobeo 2010 colaborou este Ano Santo no Camiño da Reflexión con 95 congresos, encontros e debates nos que participaron máis de 65.000 persoas e que se celebraron na comunidade galega e en cidades como Nova York, Roma, París ou Sevilla. O fin deste camiño da programación foi elaborar un apartado no que se presentaron congresos, conferencias e debates que xeraron reflexión.

Con estes obxectivos, Xacobeo 2010 organizou por unha banda grandes congresos entre os que cabería destacar o primeiro Encontro Internacional de Literatura de Viaxes, a primeira Semana Auria de Novela Histórica, o oitavo Congreso Internacional de Estudos Xacobeos ou o ciclo de conferencias Camiño ao Andar. Por outra banda, abriu unha liña de colaboración con empresas, organismos públicos e privados para darlle pulo á actividade congresual en Galicia durante o 2010.

O programa Xacobeo Reflexiona foi unha convocatoria pública para o patrocinio de congresos de diversa temática e índole dentro do territorio galego.