O Pleno do Parlamento galego aprobou unha iniciativa presentada polo Grupo Popular pola que se insta á Xunta a dirixirse ao Goberno de España co obxecto de que poña en marcha as modificacións lexislativas que estime máis axeitadas para converter o furtivismo reincidente nun delicto penal. Segundo salientou o voceiro de Mar dos populares, José Manuel Balseiro, o obxectivo é adoptar todas as fórmulas “para que o 1% dos furtivos non deixe sen futuro ao 99% dos mariñeiros e mariscadoras honestos e concienciados”. Socialistas e nacionalistas negáronse a apoiar a iniciativa.
José Manuel Balseiro destacou que o actual Goberno da Xunta “impulsou medidas” e “quixo e soubo dar solucións” a este problema, pero “cómpre avanzar no endurecemento lexislativo”. Así, referiuse a actuacións desenvolvidas polo Goberno de Feijóo como a recuperación da colaboración entre o Servizo de Gardacostas de Galicia e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, mediante as patrullas conxuntas; o reforzo de medios humanos e materiais; a reforma da Lei de Gardacostas; as dobres tripulacións dos helicópteros; ou os plans especiais de loita contra o furtivismo.