Novacaixagalicia presenta hoxe (venres 10 de decembro) na Sala de Exposicións III do seu Centro Social de Vigo, a exposición ‘Fotógrafos da natureza 2010. Wildlife photographer of the year’, que recompila as mellores imaxes presentadas a este concurso anual organizado pola revista BBC Wildlife e o Museo de Historia Natural de Londres co patrocinio de Veolia Environnement. A mostra estará aberta ao público na cidade olívica ata o 16 de xaneiro.
O certame ‘Wildlife photographer of the year’, que se convoca anualmente dende 1965, converteuse ao longo destes anos no máis prestixioso concurso de fotografía da natureza do panorama internacional.
Está aberto a fotógrafos profesionais e afeccionados de todas as idades e entre os seus obxectivos fundamentais está promover o crecente interese pola natureza e o medio ambiente.