Medio Rural intégrase en Lalín

O director xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural, Antonio Crespo, mantivo unha reunión cos xefes de área dos servizos de Sanidade Animal, Explotacións Agrarias e Infraestruturas Agrarias para supervisar os avances na elaboración do proxecto do edificio de servizos integrados que a Consellería do Medio Rural construirá no municipio pontevedrés de Lalín.

A solución arquitectónica na que está a traballar o departamento de Samuel Juárez presenta un edificio de planta baixa, tres alturas e un soto destinado a uso de aparcamento e instalacións. En total, o inmoble contará con máis de 2.500 metros cadrados de superficie que albergarán as dependencias dos servizos de Infraestruturas Agrarias, Sanidade Animal e Explotacións Agrarias.