Maxia para o Nadal

A Consellería de Cultura e Turismo presentou o V Circuito Galego de Maxia Nadal Máxico 2010, na que colaboran concellos galegos e a Asociación de Magos Profesionais de Galicia. Do 17 de decembro ao 16 de xaneiro, a quinta edición deste circuito permitirá presentar ao público galego a gran calidade da maxia creada en Galicia e recoñecer o seu alto grao de desenvolvemento cunha personalidade propia moi marcada.

A Gala Nadal Máxico terá unha itinerancia por 20 concellos nos que intervirán 14 magos. Redondela, Porto do Son, Baiona, Arbo, Baños de Molgas. O Carbailiño, Cervo, Carballo, Xove, Chantada, Monforte de Lemos, Vilanova de Arousa, As Pontes, O Barco, Ribeira, Ortigueira, Meaño, Betanzos, Allariz e Ribadumia son os concellos nos que se poderá disfrutar destas actuacións do do Mago Antón, o Mago Richard o Mago Romarís e Kilo Pastur, entre outros.