Máis dun millón de euros para os GAC

A Consellería do Mar vén de aprobar, na segunda convocatoria para 2010, un total de 9 novos proxectos dos Grupos de Acción Costeira. Do total de proxectos resoltos, 4 son produtivos e correspóndelles unha cantidade de 452.507 euros. Os outros 5 correspóndense con investimentos por importe de 559.210 euros. En total, a Xunta destina máis dun millón de euros a estes novos proxectos que pertencen aos GAC2, GAC3, GAC4, GAC5 da provincia da Coruña e ao GAC7 da provincia de Pontevedra.

Entre as propostas aprobadas destacan a creación dunha ruta mariñeira en bicicleta eléctrica, a dunha pequena vila a escala, a posta en marcha dun museo do mar ou un servizo de catering do mar, entre outros.