Lazos transfronteirizos máis fortes

As cidades fronteirizas de Valença e Tui van establecer unha xeminación, co obxectivo de profundizar e institucionalizar as relacións bilaterais. O establecemento de lazos de xeminación entre as dúas cidades baséase na existencia de características semellantes e de referencias históricas comúns. Mediante este trámite avánzase tamén no proxecto de euro-cidade e na institucionalización dun traballo común que, neste momento, é transversal a varias áreas da actividade municipal e social.

As relacións económicas, culturais e deportivas entre as dúas vilas son intensas, con varios equipamentos e servizos de uso común, como son a piscina municipal de Valença ou o teatro municipal de Tui.