A iniciativa privada, clave na promoción turística

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, agradece a contribución da iniciativa privada á promoción de Galicia nun contexto “no que estamos a facer o maior esforzo posible de promoción coherente e ambiciosa de nós como país e como destino turístico”.

Roberto Varela fixo este recoñecemento no acto de presentación dos novos proxectos editoriais de Teófilo Comunicación: “Santiago somos todos”, “Galicia no medio do mundo”, “Boas Noites, Coruña” e “Boas Noites, Lugo”, que amosan o traballo dos fotógrafos Alejandro Castro de la Iglesia, Ramón Vaamonde e Alberte Peiteavel. Ao acto que se desenvolveu na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos tamén asistiron o editor e responsable de Teófilo Comunicación, José Luís Teófilo Piñeiro e o director do Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez Crespo.