Convenio entre Industria e a IXP Ternera Gallega

A directora Xeral de Comercio, Nava Castro, asinou un convenio coa Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega no que se establece a realización de actividades informativas e formativas dirixidas aos consumidores galegos, tanto desde o ámbito escolar como ao conxunto da poboación.

Dentro desta colaboración, o CRIXP Ternera Gallega realizará catro xornadas informativas baixo o título: “As Carnes de Calidade. Aspectos tecnolóxicos, nutricionais e culinarios”. Esta actividade consistirá nunha exposición informativa de 30 minutos dirixida ás Asociacións de Consumidores, que será impartida por un técnico do CRIXP, e que poderá levar asociada unha degustación do produto.