Santiago de Compostela prepárase para pechar o ano 2010, un dos Xacobeos máis exitosos, alomenos se temos en conta a cantidade de compostelas que se concederon. Segundo recolle El Correo, da imprenta saíron máis de tres mil compostelas diarias, no que representa o record absoluto na concesión deste distintivo. Ao peche de 2010 superaranse as 300.000.
Pero non todas as persoas que visitaron Santiago este ano fixérono despois de facer o Camiño. Por iso tamén é bo ter en conta a cifra de visitantes da Catedral. Segundo recolle La Voz, máis de 11.200 turistas e veciños entran cada día na basílica polo que, cando remate o Ano Santo poderanse rebasar os tres millóns de visitantes.
O sector turístico compostelán agarda, xa que logo, que o “efecto xacobeo” se prolongue unha vez remate 2010. Por iso, agardan que o programa de actividades do oitavo centenario da Catedral axude a que os turistas sigan sentíndose atraídos pola cidade. A este respecto, o Consorcio de Turismo e o Cabildo van asinar un convenio para celebrar os 800 anos do templo e prevese a organización de concertos e numerosos actos culturais.