O Catálogo Galego de Árbores Senlleiras recolle un total de 127 elementos recoñecidos, dos cales 106 corresponden a árbores de 60 especies diferentes e 21 a distintas formacións arboradas compostas por 14 especies distintas. As provincias da Coruña (con 38 árbores e 11 formacións) e Pontevedra (con 33 e 7, respectivamente) son as que posúen un mostrario máis amplo; Lugo ten catalogados 25 arbustos e 1 formación, mentres que Ourense ten 10 e 2.
O Catálogo Galego de Árbores Senlleiras é un rexistro público de carácter administrativo dependente da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural, no cal se inclúen todas aquelas árbores e formacións excepcionais merecentes de protección en atención ás excepcionais características do seu porte, proporcións, idade, rareza, significación histórica ou cultural, interese científico, educativo, estético, paisaxístico ou calquera outra circunstancia que as faga merecentes dunha especial protección.