A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, recibiu á delegación do Patriarcado Armenio de Xerusalén que estes días visitou a capital de Galicia. Pardo agradeceu ás seis persoas que integraban a delegación a súa presenza en Galicia, “nun ano santo que quedará gravado nos anais da historia que compartimos”, dixo. “O intercambio de Santiago o Maior que nos une a todos, a través dos templos que recordan o incansable traballo do Apóstolo para con todos os fieis, católicos e armenios é, sen dúbida, o mellor motivo para o irmanamento de dúas culturas unidas por lazos moi fortes”, afirmou.
O Patriarcado Armenio de Xerusalén fundouse no ano 638, cando un grupo de cristiáns pertencentes ao rito armenio chegou á Cidade Santa no século VI. O seu patriarca actual é Torkom II Monoogian, electo no 1990. Na actualidade conta con máis de 10.00 fieis.