O doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela Antón Pombo (directivo tamén de Agaxet) vén de ser proclamado gañador da LXX edición do Premio Pérez Lugín, que convoca cada ano a Asociación da Prensa de A Coruña. O galardón, dotado con 3.000 euros e un elemento artístico acreditativo, premia ao artigo “O pintor de frechas amarelas”, centrado na figura de Elías Valiña, párroco do Cebreiro, auténtico visionario do efecto Xacobeo.
O Xurado tamén decidiu outorgar un accésit, dotado con 600 euros, ao traballo titulado “Un camino que contar”, do que é autora Natalia Sueiro, licenciada en Historia e máster en Medios de Comunicación.
O Premio Pérez Lugín, que é o galardón máis antigo de cantos se organizan no territorio nacional, alcanzou este ano a súa edición número 70. A temática elixida nesta ocasión foi o fenómeno do Xacobeo e, concretamente, o xornalismo no Camiño.