A Consellería de Cultura e Turismo, a través da sociedade Turgalicia dependente da Secretaría Xeral para o Turismo, pon en marcha o plan de desestacionalización turística, que arrrinca mañá na provincia de Pontevedra co obxectivo de tentar manter o fluxo de visitantes cara a Galicia nas tempadas de menor demanda turística. O acordo asinado entre Turgalicia e a entidade de promoción do Turismo da provincia de Pontevedra, Padroado de Turismo Rías Baixas Rías Baixas, permitirá a partir de hoxe, e ata o vindeiro martes 16, a chegada dos principais creadores de blogs turísticas de España en calidade de prescritores do turismo galego na Internet.
O plan de desestacionalización turística tamén inclúe acordos asinados con representantes institucionais das outras provincias galegas.
Así, por exemplo, no caso da provincia de Ourense implantarase un sistema web móbil, mediante unha guía dixital para dispositivos móbiles en formato Java, ademais de realizar promoción en mercados de proximidade como o norte de Portugal, Castela e León e Madrid. Tamén se promocionarán a través de distintos soportes paquetes turísticos desestacionalizadores da demanda. No caso de Lugo tamén se acometerán melloras tecnolóxicas, como a posta en funcionamento dunha páxina web parella a un plan estratéxico de turismo na zona.