Seis mil cruceristas na Coruña

O cruceiro Independence of the Seas, procedente de Southampton, fixo hoxe a súa primeira escala no porto da Coruña.

Coa chegada deste cruceiro e máis do Balmoral, o porto herculino bate o seu record no que se refire a número de visitantes, xa que nunha xornada concentraranse máis de 6.000 turistas na cidade. Segundo datos recabados polo Consorcio de Turismo do total de pasaxeiros que chegan mañán á nosa cidade só 165 se trasladarán a Santiago.

Dende a Concellaría de Turismo faise fincapé na importancia que a xornada de mañán ten para o pequeño e mediano comercio coruñés, xa que os pasaxeiros destes dous cruceiros consumirán nos establecementos da nosa cidade.