A Sala de Xuntas da Deputación Provincial de Ourense acolle, este xoves, a presentación da segunda edición do Salón Monográfico da Pataca de Galicia que organizan a Deputación e o Inorde, coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia, a Xunta, a UE e a IXP Pataca de Galicia, entre outros. Asistirán á presentación o presidente da Deputación, José Luis Baltar, o presidente do Inorde, José Manuel Freire Couto, o alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, e o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez González.
O Salón celebrarase no Pavillón de Deportes de Xinzo do 19 ao 21 de novembro, con acceso libre para todo o público.
O Salón celebrarase no Pavillón de Deportes de Xinzo do 19 ao 21 de novembro, con acceso libre para todo o público.