A Praza de Abastos compostelana, na rede

A Praza de Abastos de Santiago de Compostela é o verdadeiro motor da cidade no que respecta á venda de produtos frescos. Pero as transaccións non só se producen fisicamente no propio mercado, senón tamén por Internet. De feito, segundo recolle El Correo Gallego, cada día aténdense uns corenta pedidos que a propia Praza envía aos domicilios dos clientes. Para iso, dispón de dúas cámaras, unha de frío e outra de conxelados, para que non se rompa a cadea de frío dos alimentos.