A polo galo de curral en Vila Verde

O municipio portugués de Vila Vede promove, a través de Proviver, os días 13 e 14 de novembro o Fin de Semana Gastronómico “Vila Verde, Capital do Poca no Chao” (galo de curral). Trátase dun dos últimos eventos incluídos na edición inaugural do programa “Na Rota das Colheitas”.

Desde Proviver, a ermpresa municipal que ten encomendada a promoción da villa, suxírennos que se trata de una invitación para disfrutar de algún dos maiores goces que este municipio pode proporcionar aos seus visitantes: gastronomía, doces, vinho, tradición e paisaxes incomparables.
Unha das formas máis tradicionais de servir o “pica no chao” en Vila Verde é guisado e acompañado de arroz de cabidela, no que a sangue do galo forma parte dos condimentos do cereal.