Polémica polo retraso na construción da nova escola de hostalería de Pontevedra

O deputado socialista Guillermo Meijón denuncia o retraso nas obras de construción do novo CIFP Carlos Oroza de Pontevedra. Meijón lembra que a Xunta se comprometera a que os traballos comezarían en xullo de 2010, sen embargo os socialistas denuncian que non só non se iniciaron as obras senón que non hai asignación presupostaria para elas en 2011. Meijón lembra que no actual Carlos Oroza estudan alumnos de toda a provincia, e que o centro presenta unha serie de deficiencias.

Pola súa parte, o conselleiro de Educación excusouse na falta de colaboración do Concello de Pontevedra, ao tempo que reafirmou o compromiso do seu departamento co centro. “A Consellería leva un ano á espera de que o Concello complemente a tramitación administrativa pola que se resolva a cesión da parcela” na que se construirá o novo edificio, sinalou.