Os viños do Ribeiro viaxan a Donosti

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro participa no Congreso San Sebastián Gastronomika, que conclúe este mércores. Nesta ocasión, o Concurso Mejor Sumiller de España celebra a súa final no mesmo ámbito, que se desenvolve no Palacio de congresos e auditorio Kursaal. O C.R.D.O. Ribeiro conta cun stand propio no recinto feiral, onde a Denominación de Orixe está representada por unha ampla delegación de marcas de viños, conseguindo trasladar as principais características da D.O. e dos seus viños ao público profesional donostiarra, así como do resto do ámbito nacional e internacional que se achegou á feira.

Os distintos viños presentados puideron ser catados e comentados permitindo descubrir a actual realidade da Denominación de Orixe, feito que suscitou un gran interese por parte do público asistente.