Os cogomelos traspasan fronteiras

A Câmara Municipal de Valença do Minho promove as I Xornadas Micolóxicas de Valença - “Os Cogumelos, Variedades e Utilización na Gastronomía”, que terán lugar este domingo. Incluirán saída ao campo e degustación de cogomelos silvestres.

Cantharellus, lactarius ou boletus son algunhas das especies máis presentes nas áreas forestais de Valença. Ata o momento xa hai inscritas máis de cen persoas, pero aínda se pode apuntar máis xente. O punto de encontro está marcado para as 9.00 horas ao carón da piscina municipal. A saída ao campo será ás 10.30 horas. Os interesados en participar nas Xornadas poden inscribirse a través do correo electrónico geral@cm-valenca.pt.