O turismo rural mariñano viaxa a Valladolid

A Asociación de Turismo Rural de A Mariña vén de editar unha guía que divulga os valores patrimoniais, etnográficos e gastronómicos da zona. O libro será presentado proximamente na feira Intur, que se celebra en Valladolid. Nunha primeira edición editaranse 5.000 exemplares.

Esta guía de man, segundo recolle La Voz, inclúe datos sobre os 26 establecementos de turismo rural que forman parte da asociación, ademais dunha empresa de rutas a cabalo.