No mes de febreiro estará construido o Museo Interactivo da Historia de Lugo no parque da Milagrosa, un equipamento de grande valor arquitectónico. “Será un atractivo máis para a cidade e tamén unha extraordinaria obra arquitectónica que leva a cabo un equipo de arquitectos acreditados tanto en España coma no estranxeiro xa que teñen no seu importante currículo obras como o Museo de San Telmo de San Sebastián ou en Muchis (Alemaña) e Graz (Austria)”, salientou o alcalde López Orozco.
O Alcalde destacou que esta obra “é unha aposta moi importante que fai o Concello e vai supor unha mellora económica para a cidade porque será un atractivo máis para vir a Lugo e, precisamente, o turismo debe ser unha das patas para o noso desenvolvemento”.