A Consellería de Economía e Industria concedeu unha subvención de 3 millóns de euros para apoiar o investimento de preto de 20 millóns de euros destinado á rehabilitación do mosteiro de Oia de cara a convertelo nun hotel que creará 40 empregos. Segundo manifestou o conselleiro, Javier Guerra, o futuro hotel monumento “será fundamental para dar un importante impulso á oferta turística de calidade na comarca do Baixo Miño, ao tempo que contribuirá á creación de emprego estable no concello”.
O mosteiro de Santa María de Oia, construído nos séculos XI e XII, está considerado Ben de Interese Cultural. A rehabilitación fomentará e conservará amplas zonas verdes de goce público e desenvolverase promovendo un uso responsable das fontes de enerxía alternativa; o proxecto prevé a instalación dunha planta de enerxía térmica e placas fotovoltaicas, a recuperación de antigos muíños de auga e a limpeza e aproveitamento do río Lavandeira.