O Deza busca colaboración en materia turística con Italia

O Grupo de Desenvolvemento Rural Terras do Deza recibiu a visita dun grupo de acción local da zona de Parma e Piacenza, en Italia. O obxectivo da visita –como recolle La Voz- é plantexar posibles vías de colaboración en materia turística. Unha das liñas que se manexa é recibir a estudantes de turismo ou desenvolver traballos relacionados co Camiño de Santiago.