Manzaneza terá abertos, esta fin de semana, case catro kilómetros esquiables

As previsións meteorolóxicas indican que esta será a primeira fin de semana de esquí en Galicia. Así as cousas, a Estación de Montaña de Manzaneda agarda que se acheguen centos de afeccionados. Nese sentido, informa de que terá abertos catro remontes e cinco pistas. En total, 3,7 kilómetros esquiables.

Agárdase unha temperatura mínima de -3 graos e ceos despexados. Advirte a Estación de que aplicará prezos de temporada baixa durante toda a fin de semana.