Máis fondos comunitarios para o desenvolvemento da Galicia rural

A modificación do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2007-2013 presentouse no Comité de Desenvolvemento Rural en Bruxelas, como paso previo a súa aprobación por decisión da Comisión Europea. Esta modificación supón a incorporación de 8.979.276 euros de fondos comunitarios adicionais ao programa. A Xunta asumirá integramente a financiación nacional, para o que aportará 6.620.578 euros.

Estes fondos permitirán incrementar a dotación de medidas como o aumento do valor engadido dos produtos agrícolas e forestais, a reforma das infraestruturas agrarias e as indemnizacións compensatorias en zonas desfavorecidas.

Aproveitando esta modificación, a Consellería do Medio Rural aumenta os fondos destinados a implantación de mellora das explotacións agrícolas.