Lugo estará en Intur da man das cidades catedralicias

A Rede de Cidades Catedralicias estará presente na Feira Internacional de Turismo de Interior (Intur), que se celebrará en Valladolid entre os días 25 e 28 de novembro, para facer difusión da súa proposta de Turismo Cultural: rutas por cidades históricas que posúen catedral. A Ruta Norte, con nove catedrais e sete cidades, está integrada por: Lugo, León, Burgos, El Burgo de Osma, Tudela, Zaragoza e Lleida.

En cada unha das rutas ofrécese un rico e diverso percorrido por singulares cidades históricas e a visita dalgunhas das máis significativas catedrais de España, verdadeiras xoias artísticas do patrimonio.