Interese Turístico para a Festa da Ameixa de Carril

O grupo municipal do PP de Vilagarcía presentará unha moción ao Pleno para que o Concello inicie os trámites de cara a que a Festa da Ameixa de Carril poida ser declarada de Interese Turístico. A iniciativa dos populares conta, segundo sinala Diario de Arousa, co apoio das confrarías de Carril e Vilaxoán.

Os populares cren que o distintivo serviría para poñer en valor o bivalvo, impulsar a presenza de máis público na festa e tamén acceder a máis axudas e incrementar as actividades incluídas no programa. O PP asegura que a Festa cumpre todos os requisitos para obter o recoñecemento.