Homenaxe do CSHG aos alumnos que estiveron en Shanghai

O Centro Superior de Hostalería de Galicia rende homenaxe este venres aos antigos alumnos que durante os últimos cinco meses traballaron nos restaurantes do pavillón español na Exposición Universal de Shanghai. Durante 184 días, este grupo estivo ao cargo do cociñeiro Pedro Larumbe e atenderon unha media de 2.000 comensais diarios.

No restaurante de España desenvolvéronse todo tipo de actividades como o cabaret gastronómico e actuacións con menús determinados. Tamén houbo unha zona polivalente con cócteles e catas.