A gastronomía galega viaxa a Madrid con Turgalicia

A campaña Saborea Galicia que desenvolverá Turgalicia no renovado Mercado de San Miguel permitirá aos madrileños degustar o mellor da nosa gastronomía. Ademais dos postos venda, a cafetaría e a cervexaría do Mercado de San Miguel ofrecerán durante eses días degustacións temáticas de pratos, tapas e viños galegos. O venres 12 e sábado 13 os cogomelos, castañas e fabas serán as protagonistas da cociña do Mercado; os días 14 e luns 15, os peixes e conservas; os mariscos durante as xornadas do martes 16 e mércores 17; 18 e 19 carnes e o fin de semana do 20 e 21 os queixos. Ademais, realizaranse dúas catas maridadas cada día de viños que terán lugar ao redor das 13.00.