Éxito do Salón da Pataca de Xinzo

Xinzo acolleu, con gran éxito, a segunda edición do Salón Monográfico da Pataca, un evento que serviu para coñecer o presente e o futuro dun sector que ten un gran peso económico na provincia de Ourense. Precisamente, o conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, comprometeu o apoio da Xunta á recuperación de variedades e unha clara aposta pola calidade. Pola súa banda, o presidente da Deputación, José Luis Baltar, destacou o labor da entidade provincial e do Inorde na investigación e desenvolvemento do sector.

No Salón participaron máis de cento cincuenta empresas que espuxeron as últimas novidades do sector. Tamén houbo concursos e degustacións. Unha das novidades foi a presentación dun estudo sobre biofumigación a través do cultivo da colza.