Craega e o Cetal organizan, en Lugo, unha xornada sobre o consumo de alimentos ecolóxicos

Lugo acolle este xoves a sesión que, baixo o título “Alimentos ecolóxicos, por que?”, organizan o Craega e o Cetal. Nestas xornadas presentarase, como documento de partida para o posterior debate, o primeiro Barómetro sobre Percepción e Consumo dos Alimentos Ecolóxicos en Galicia 2010. O estudo foi realizado a partir dunha enquisa a 1.100 persoas.

Complementando o barómetro de percepción tamén se presentará un resumo da análise feita no marco do Plan Agroecol sobre o tratamento da agricultura ecolóxica nos medios de comunicación galegos, e que tamén aportará elementos para a reflexión sobre a política de comunicación dende o sector.