A Coruña dará a conocer o día 9 a súa nova Marca de Cidade

Tras a apertura de plicas celebrada o 23 de novembro, o Consorcio de Turismo da Coruña adxudicou a contratación da creación da Marca de Cidade á firma Consultoría en Imagen, acción y comunicación S.A por un orzamento de 40.710. euros. O acto de presentación da marca celebrarase o día 9 de decembro no Teatro Rosalía de Castro. Coa creación da Marca de Cidade dá comenzo unha intensa campaña de promoción da cidade como destino turístico.

Por outra banda, Turismo da Coruña participa na Feira Internacional do Turismo de Interior, (Intur) que se celebra en Valladolid. Para A Coruña a presenza nesta feira é fundamental xa que unha gran parte dos turistas que chegan á cidade proceden da comunidade de Castela e León.