Bueu acolle as XIII Xornadas Micolóxicas

O municipio pontevedrés de Bueu comeza este martes unha nova edición das súas Xornadas Micolóxicas, organizadas pola Asociación Naturalista Liboreiro. Os actos comezan cunha charla sobre as principais especies comestibles e as posibles confusións, a cargo da profesora da Universidade de Vigo Puri Lorenzo. O mércores intervirá Xosé Manuel Castro, falando dos cogomelos dos ecosistemas dunares.

O xoves e venres haberá dúas novas ponencias e o sábado, unha saída ao monte para recoller cogomelos. A saída está prevista para as 10.00 horas dende o Centro Social do Mar. As xornadas tamén inclúen unha exposición de cogomelos en fresco e outra fotográfica.