A Ameixa de Carril xa é de interese

Hai uns días coñeciamos o interese do PP de Vilagarcía por solicitar a declaración de Festa de Interese Turístico da Festa da Ameixa de Carril, algo que, ao ver dos populares, contribuiría a dar a coñecer non só a celebración en si senón tamén o recurso e a localidade. O anuncio causou unha fonda sorpresa no Goberno local por canto, segundo lembra a concelleira de Promoción Económica, Rosa Abuín, a Festa da Ameixa xa é de Interese Turístico Nacional.

“Aínda que de agradecer, a proposta do PP chega tarde”, sinala a edil. A Festa da Ameixa foi declarada de Interese Galego e Nacional ao ser un dos eventos incluídos na programación das festas de San Roque de Vilagarcía de Arousa.