As “Xornadas Internacionais de Comunicación e Turismo: O Camiño de Santiago e o Xornalismo”, organizadas polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e incluídas dentro do Camiño da Reflexión de Xacobeo 2010, afondarán no papel que teñen os medios de comunicación na difusión do Camiño de Santiago, así como tamén a creación de relatos sobre outras realidades alleas. As xornadas, que se celebrarán do 29 ao 31 de outubro na Fundación Caixa Galicia de Vigo, contarán coa presenza de recoñecidos expertos, como os escritores Miguel Anxo Murado, Xosé Miranda Ruiz e Miguel Anxo Seixas Seoane; ou profesionais da comunicación como Eduardo Rolland ou Xosé María G. Palmeiro.
A conferencia inaugural destas xornadas será o 29 de outubro ás 19:00 horas, a cargo de César Antonio Molina, quen falará de “A literatura como camiñar”.
A conferencia inaugural destas xornadas será o 29 de outubro ás 19:00 horas, a cargo de César Antonio Molina, quen falará de “A literatura como camiñar”.