A praza da Princesa de Vigo acolle este sábado unha serie de actos con motivo do Día Mundial do Pan, que incluirán unha exposición de diferentes tipos de pan, degustacións e unha charla a cargo da experta nutricionista Carolina Nebot. O obxectivo desta convocatoria é, segundo detallou o concelleiro Santi Domínguez, potenciar o consumo deste produto, pero tamén amosar o apoio ao sector das panaderías, que en Vigo e a súa área suman 248 establecementos.
O tenente de alcalde salientou os beneficios nutricionais do pan, pero tamén expresou a súa preocupación polo mantemento e afianzamento do sector panadeiro na situación de crise actual. Ademais, mencionou o contraste que existe entre os datos sobre o descenso do consumo deste produto e o incremento dos casos de obesidade infantil, “consecuencia dunha dieta non equilibrada”, apuntou. Na actualidade, o consumo de pan por habitante e ano en Galicia é de 50,8 kilos.