Un libro recolle a historia do termalismo galego

Presentouse en Santiago o libro “Os balnearios de Galicia. Orixe e desenvolvemento”, que percorre a historia do termalismo na nosa Comunidade dende a época romana. As súas autoras son as doutoras en Historia da USC Raquel Casal e Silvia González.

Á presentación acudiu o xerente da Asociación de Balnearios de Galicia, Benigno Amor, quen avogou por “facer un esforzo” en diferenciar os servicios, pois a nosa Comunidade é líder neste sector.