Turismo e Comunicación a debate en Vigo

A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, inaugurou onte en Vigo as Xornadas Internacionais de Comunicación e Turismo. O Camiño de Santiago e o xornalismo. Durante toda a fin de semana poderase asistir na Fundación Caixa Galicia da cidade olívica a estas xornadas, que están organizadas polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), organismo presidido polo periodista Xosé Manuel Pereiro, que acompaña a Mª Carmen Pardo no acto de apertura.

A secretaria xeral afirmou, con motivo da inauguración deste encontro, que “o turismo e a comunicación se erixen na era actual como dous sectores claves na nosa sociedade, tanto a nivel económico, social e humano”. Neste sentido, apuntou que “toda a sociedade está en contacto con este sector dunha maneira directa ou indirecta a través de múltiples variables, como o emprego, as infraestruturas, o movemento de persoas, o desenvolvemento, etc.“.

Respecto do Camiño de Santiago e o xornalismo, os outros dous eixos temáticos que centrarán as ponencias ata este domingo 31 sinala que son tamén dous factores que, camiñaron xuntos ao longo da historia. “Un bo exemplo é o Códice Calixtino, considerado o primeiro gran libro de viaxes que guiou aos primeiros camiñantes a Compostela en plena Idade Media”, sinala.