Tres mil tapas en Vigo

O tenente de alcalde de Vigo, Santi Domínguez, visitou a degustación gratuíta do Concurso de Tapas do Casco Vello, na que se distribuíron un total de 3.000 pinchos. O nacionalista salientou que esta iniciativa “permite comprobar o esforzo que estamos a facer por reconquistar o Casco Vello”.

Para o tenente de alcalde, esta quinta edición do Concurso de Tapas, na que participan 18 establecementos, é unha boa ocasión “para dicirlle á cidadanía que se achegue ao Casco Vello”. Ata o 31 de outubro é posible degustar as tapas, a 1,50 euros a ración, no restaurante A Coruxa, a crepería Cre-Cotté, Lume de Carozo, A Pita Tola, o Bar Chavolas, o restaurante La Carbonara, Fame Nejra, Dona Vaniri, XII, Buena Vida, Picadillo, a marisquería Bahía, Don Mexilón, Galiana, Retranca, na vinoteca A Laxe, Sokoke e Baraka.