A conselleira do mar, Rosa Quintana, defendeu esta mañá na Coruña a suma de esforzos para acadar un marco pesqueiro europeo máis axeitado e acorde coa necesidade de sostibilidade e de viabilidade e das actividades marítimo – pesqueiras. Fíxoo durante a inauguración da Xornada sobre a reforma da Política Pesqueira Común, organizada polo Instituto Universitario de Estudos Europeos 'Salvador de Madariaga' e o Centro de Excelencia “Instituciones y derecho de la Unión Europea”, da Universidade da Coruña.
A titular de Mar resaltou a importancia do aporte de Galicia a esta folla de ruta da pesca europea, xa que segundo recalcou, a nosa comunidade é un piar fundamental da cadea mar-industria europea. Neste sentido, a conselleira salientou a importancia da interrelación da pesca e de Europa para Galicia, de aí segundo explicou, as propostas achegadas pola comunidade galega, que elaborou unha tese conxunta e consensuada entre “sector, expertos, administración e grupos políticos”. Ademais, Rosa Quintana incidiu na importancia para Galicia do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola e do ámbito administrativo e lexislativo europeo do que formamos parte.
Esta xornada é outra oportunidade para seguir aportando de maneira conxunta forza a un proceso “que non se parou, que non é nin debe ser estático”, salientou a titular de Mar que tamén amosou o seu agradecemento aos organizadores da xornada . Nesta liña tamén puxo como exemplo a publicación, avalada pola Xunta, sobre o enfoque ecosistémico da xestión pesqueira, presentada a semana pasada en Vigo no marco da feira Conxemar.
A proposta de Galicia
A proposta de Galicia ante a reforma da PPC foi presentada por Rosa Quintana á comisaria europea de Asuntos Marítimos e Pesca, María Damanaki na súa visita a Galicia en amrzo deste ano. Entre os puntos básicos da proposta destaca a demanda de substitución do sistema de topes máximos de capturas (TAC´S) e cotas por un sistema de control baseado no esforzo pesqueiro. Esta medida sería máis eficaz, implicaría menos custo económico e contribuiría a solucionar o problema do exceso de capacidade das frotas.
Outro dos temas que recolle o texto é a necesidade de encadrar os produtos pesqueiros nun mercado único aberto á competencia para todos os países produtores pero a prol da protección dos consumidores europeos e do mantemento dunhas normas da competencia xustas, así coma da trazabilidade do produto. Neste sentido, a Consellería do Mar propón o endurecemento do control da trazabilidade das capturas para impedir importacións non suxeitas ás normas sanitarias e de calidade esixidas aos membros da UE.
Na proposta tamén se fai referencia á diferenciación da pesca industrial da de baixura e o marisqueo, un aspecto que a Xunta considera necesario porque estas modalidades deberían rexerse por regulamentacións diferentes, xa que supoñen condicións económicas e sociais diferentes. Para isto solicítase unha definición do concepto de pesca artesanal e marisqueo válida a nivel europeo.
Incluir a acuicultura como piar da política pesqueira comunitaria é outra das propostas e un dos principais aspectos nos que incide o Goberno galego que demanda á UE que promova unha política de calidade que faga atractivo o emprego no mar para a mocidade e que os traballadores do mar poidan acadar unha formación axeitada e de calidade para mellorar no seu nivel salarial.