Ribeira Sacra, satisfeita cun ano que pasou de malo a moi bo

A D.O. Ribeira Sacra recolleu nesta campaña 5.614.092 quilos de uva, a maior cantidade desde que a Denominación se puxo en marcha. Ademais, o froito colleitado ten unha excelente calidade. Lembra o presidente do Consello Regulador, José Manuel Rodríguez, que en Ribeira Sacra dous tercios da produción se destinan a autoconsumo e que xa se anunciara ao comezo da campaña que parte desa produción podía pasar ao mercado, como de feito aconteceu. A esto sumouse o excelente traballo de adegueiros e viticultores que están dentro da Denominación. Entre todos conseguiuse que o que parecía ía ser mal ano, se convertise nun dos mellores.

Na D.O. Ribeira Sacra poderíase non volver a baixar dos 5 millóns de quilos de uva, sinala o presidente do Consello. “Con esto quero decir que se as cousas suceden normalmente debería de seguirse nesta liña, pero depende das inclemencias naturais, xa non tanto das enfermidades da cepa, senón de feitos materiais” di José Manuel Rodríguez.