A Ribeira Sacra quere aproveitar máis o viño e o aceite

O Grupo de Desenvolvemento Local da Ribeira Sacra xestiona un Plan Leader, con fondos europeos, co que pretende impulsar a elaboración de diversos produtos a partir dos recursos locais, nomeadamente o viño e o aceite. Destas materias primas pódense obter cremas, sales de baño, xabón, velas, perfumes, etc. co que se abre un amplo abano tanto para as empresas que xa están radicadas na comarca como para outras novas que vexan aquí unha oportunidade de negocio.