Á procura do cartel para a Festa do Queixo

A Festa do Queixo de Arzúa de 2011 está á busca do seu cartel anunciador. Con tal motivo, o Concello convoca unha nova edición do Concurso de Carteis, ao que se espera que se presenten ducias de orixinais. O ano pasado batiuse o récord pero esperan este ano incrementar aínda máis o número de participantes.

Para fomentar a participación, increméntase a contía dos premios. O gañador percibirá 900 euros; o segundo clasificado, 300 e o terceiro, 100. O prazo para presentar as propostas remata o 31 de decembro. Máis información na web www.concellodearzua.org.