O Ribeiro presenta os seus viños en Barcelona

Un ano máis, o Ribeiro acode á súa cita coa capital catalana representado por trece das súas adegas que participan nun salón degustación dirixido á promoción dos viños da D.O. no sector profesional. O acto, que terá lugar este mércores, celébrase nun dos locais de moda da cidade, Casa Capell, un toque de modernidade para unha Denominación de Orixe que data de 1932.
O produto mariño galego será un acompañante de excepción do viño do Ribeiro durante toda a xornada xa que ademais das degustacións abertas ao público da hostalería catalana, aqueles que acudan ao evento poderán gozar das máis de 25 marcas comerciais participantes en harmonía cun dos grandes manxares galegos, a ostra.

Por outra banda, o C.R.D.O. Ribeiro participa estes días no congreso Essentia – Madrid 2010 que dirixe a prescritora Margarita Lozano. O Ribeiro dispón dunha tasting table na que participan unha vintena de marcas comerciais.